inicio cursos servicios galeria horario contacto

Castellano / Gallego

Nivel III de Perruquería do Reino Unido

Duración:

Terá unha duración mínima de 1760 horas (80% prácticas e 20% teóricas)

Horario:

Mañá ou Tarde

Material necesario:

Material didáctico: Será facilitado polo centro.

Material de práctias: Poderá ser facilitado polo centro.

Deber de asistencia:

O alumnado está obrigado a asistir con regularidade a todas as clases programadas e a xustificar as súas ausencias.

De se producir un número igual ou superior a 12 faltas, xustificadas ou non, nun período de 3 meses, o alumnado non poderá participar na avaliación correspondente ao período no que acontezan.

Control de aproveitamento:

Aprobando todas as avaliacións ou as recuperacións, o curso estará aprobado.

Os alumnos que non superen algunha avaliación ou recuperación ou que non puidesen participar nela, someterase a unha avaliación final. Se esta proba tampouco se supera, será decisión do centro ofrecer unha convocatoria de graza, co contido global da materia. Se esa proba extraordinaria tampouco se supera, será necesario repetir o curso.

Prazo de inscrición:

A matrícula permanecerá aberta dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro ininterrumpidamente.

Titulación:

Á finalización dos estudos, outorgaráselle ao alumnado o título expedido por HABIA (Heardressing and Beauty Industry Authority)

Documentación necesaria:

Fotocopia do carné de identidade

2 fotografías

Certificado médico

Referencias dos estudos actuais (non é obrigatorio)

Unidades didácticas:

Coñecementos de base

Hixiene do cabelo e do coiro cabeludo

Fundamentos do corte

Cambios de forma

Cor

Peiteados e recollidos

Tratamentos capilares

Manicura e maquillaxe aplicados á perruquería

Perfeccionamento nas destrezas

Organización dos recursos humanos no traballo

A informática aplicada ao campo da perruquería

volver